A delegada territorial anunciou o acordo de colaboración coa directora do evento
Fernández-Tapias reedita o apoio da Xunta a Vigo Porté para converter un ano máis á cidade en “epicentro internacional da danza”
O Trofeo de Baile Internacional Vigo Xacobeo alcanza a súa terceira edición dentro de Vigo Porté, que se amplía a catro días (28, 29 e 30 de abril e 1 de maio)
“A Xunta fará de novo o esforzo necesario para garantir a celebración dun evento que sitúa á cidade nas vangardas da danza”, sinalou a representante autonómica
A gala xa supera os rexistros de inscricións da pasada edición: centros de danza (37), participantes (850) e coreografías (370)
Vigo, 2 de febreiro de 2023
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou este xoves o apoio do Goberno galego ao evento internacional de disciplinas de baile Vigo Porté que se celebrará a vindeira primavera. “Estamos falando dunha iniciativa que converte á cidade en epicentro internacional da danza, polo que a Xunta fará de novo o esforzo necesario para garantir a súa celebración”, sinalou.
Segundo indicaron durante a presentación, ata a data e desde a apertura de inscricións no mes de outubro, Vigo Porté 2023 xa superou os rexistros da pasada edición no que a número de centros de danza (37), participantes (850) e coreografías (370) refírese. “Encaramos esta XI edición coa mesma ilusión e ganas que nos primeiros certames. Vigo Porté demostrou ter un gran potencial e supón un importante escaparate para as escolas e os mozos bailaríns, algo que se ve reflectido nas cifras de inscricións que esperamos sexan as máis elevadas da historia”, apunta Lorena López.