A Xunta salienta o seu compromiso coas infraestruturas educativas da Mariña luguesa con investimentos de 4 M€
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destaca a rehabilitación integral levada a cabo no colexio Gregorio Sanz, de Ribadeo, como un exemplo da aposta do Goberno galego por centros escolares máis modernos, confortables e sostibles
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destaca o compromiso do Goberno galego coa mellora das infraestruturas educativas nos concellos da Mariña luguesa, que acadan actualmente os 3,8 millóns de euros.
Obras na Mariña
A rehabilitación integral de Ribadeo únese ás tamén realizadas nos institutos IES de Foz e IES María Sarmiento de Viveiro, así como as melloras sectoriais nos colexios Juan Rei (Lourenzá) e do Vicedo e na Escola de Educación Infantil San Roque (Viveiro). Todas elas leváronse a cabo de acordo co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para o deseño dun modelo de centros post pandemia, que conta cun orzamento de máis de 191M€ para o período 2021-2024.
Polo Creativo
Román Rodríguez aproveitou para agradecer a implicación do equipo directivo e do conxunto do profesorado na posta en marcha de programas educativos impulsados pola Consellería de Educación como é o caso do Polo Creativo co que conta deste este curso, empregando a intelixencia artificial para un proxecto que afonda no coñecemento de Ribadeo.