O piloto Jorge Prado compartiu experiencias na sede da Xunta en Lugo con estudantes de ciclos formativos de FP vencellados á automoción

Lugo, 24 de febreiro de 2023

O piloto lucense Jorge Prado mantivo hoxe un encontro na Delegación Territorial da Xunta en Lugo cun grupo de estudantes dos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes e Politécnico, moitos deles de ciclos formativos relacionados coa automoción, a robótica ou o deporte.

O delegado territorial, Javier Arias, agradeceulle que se achegara á sede da Xunta para compartir experiencias cos mozos e mozas asistentes. Afirmou que o Goberno galego aposta por impulsar o deporte base “para que Lugo e Galicia poidan seguir presumindo de figuras como a deste lucense”, que foi tres veces campión do mundo en distintas categorías.

Arias lembrou que esta fin de semana estrearase o circuíto que leva o seu nome cunha proba do Campionato de España de Motocross na que participará o propio Prado. “A Xunta foi a primeira Administración que apostou firmemente por crear este circuíto”, dixo o delegado, quen apuntou que a cita conta co patrocinio do Goberno galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/02/2023