A Xunta desactiva a situación 2 no incendio forestal de Baleira, parroquia de Cubilledo, ao remitir o perigo para os núcleos de poboación

Esta situación operativa decretouse onte pola tarde debido á proximidade do lume ao núcleo do Fórneas

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2023

A Consellería do Medio Rural desactiva a Situación 2 no incendio forestal rexistrado no concello lugués de Baleira, parroquia de Cubilledo, ao remitir o perigo para os núcleos de poboación. Esta situación operativa de emerxencia declarouse onte pola tarde debido á proximidade do lume ao núcleo do Fórneas.

A situación actual con respecto a este e ao resto de lumes rexistrados en Galicia é a seguinte:

PROVINCIA
CONCELLO
PARROQUIA DE INICIO
SITUACIÓN
(1)
MEDIOS
(2)
SUPERFICIE (HA)  (3)
OBSERVS.
LUGO
Baleira
Cubilledo
ACT

(desde as 17,04 h. do martes)

 

5 TEC, 32 AX, 49 BR, 29 MB, 3 PA, 1 UTA, 2 AV, 3 HE e UME

 
1.100
 
 
 
 
Alfoz
Lagoa
ACT

(desde as 16,29 h. de onte)

 

9 AX, 6 BR, 4 MB e 1 PA

90
 
 
 
Viveiro
Vieiro
EST

(desde as 22,44 h. de onte)

 

1 TEC, 11 AX, 13 BR, 5 MB e 2 PA

80
 
 
 
Taboada
Xián
CONT

(desde as 10,00 h. de hoxe)

 

1 TEC, 7 AX, 13 BR, 8 MB, 1 PA, 3 AV e 3 HE

 
8
 

(1)       SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2

(2)      MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio

(3)      SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

 
Data de actualización: 30/03/2023