A Xunta e o concello de Portas avanzan na implementación dunha nova Base de Unidade Operativa nesta localidade pontevedresa no marco da loita contra o lume

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2023 O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, vén de manter un encontro co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, para avanzar na implantación dunha nova Base de Unidade Operativa (BUO) nesta localidade pontevedresa, no marco da loita contra os incendios. En concreto, nunha parcela cedida polo consistorio.

Estas instalacións viríanse sumar a outras que está impulsando ou avaliando a Consellería do Medio Rural, como os BUO de Mondoñedo ou Muíños -con estrutura en madeira de piñeiro e castiñeiro, para albergar distintos efectivos do Servizo de prevención e extinción- ou o previsto en Lalín, ligado á nova base de helicópteros proxectada neste concello.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/04/2023