A Xunta salienta na Coruña que iniciativas como a Liga Maker Drone fomentan as vocacións científico-tecnolóxicas entre os máis novos
2023-05-05
/documents/35297/40666/20230505_conde_ligadrone1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 5 de maio de 2023
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu este mediodía na Coruña á ronda final da segunda edición da Liga Maker Drone, organizada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).
Esta iniciativa achega aos alumnos a esta nova tecnoloxía, fomentando as vocacións científico-tecnolóxicas entre as novas xeracións. Os participantes, de 2º da ESO, teñen que construír un sistema dron que dea resposta a un reto plantexado, que nesta edición é construír un dron para axudar a limpar os océanos.
Departamento:
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Data de actualización: 05/05/2023