A Xunta reúnese cos titores da terceira edición do programa Xuventude Mentoring
2023-05-11
/documents/35297/40672/20230511+titores+Xuventude+Mentoring.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2023 A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo unha reunión hoxe cos titores que participarán na terceira edición do programa Xuventude Mentoring. O obxectivo desta iniciativa, que conta con financiamento do Fondo Social Europeo nun 80% con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil para o período 2014-2020, é facilitar a mozas e mozos a transición desde o ámbito académico ao laboral.
Cristina Pichel reuniuse hoxe cos titores da nova edición para coñecelos de primeira man e agradeceulles a súa participación nesta iniciativa que procura un asesoramento e un seguimento individualizado de mozas e mozos galegos que queren comezar a súa vida laboral.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 11/05/2023