A Xunta celebra hoxe en Silleda as oposicións para cubrir 119 prazas de persoal subalterno

Máis de 5.200 aspirantes participaron neste proceso

Silleda, 9 de xullo de 2023

A Xunta está a celebrar hoxe en Silleda as oposicións para cubrir 119 prazas da agrupación profesional de persoal subalterno da Administración autonómica.

 

Para estas oposicións estaban convocados 12.444 aspirantes dos que finalmente se presentaron 5.286, co que a participación foi do 42,5 %.

 

Un operativo formado por preto de 280 persoas controlou durante a fin de semana que todos os procesos selectivos se desenvolvesen de xeito correcto e con total seguridade. O recinto dispón dunha ambulancia, habilitada pola Administración galega, para atender calquera incidencia que se puidese producir durante a realización das probas.

Data de actualización: 09/07/2023