Estabilizados os incendios forestais rexistrados nos concellos lucenses de Palas de Rei e Castro de Rei

Segundo as últimas estimacións o lume de Palas de Rei, parroquia de Orosa, rolda as 120 hectáreas de superficie afectada

O de Castro de Rei, parroquia de Santa Locaia, afecta a unhas 27 hectáreas de superficie

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2023 A Consellería do Medio Rural informa de que os incendios forestais, rexistrados nos concellos lucenses de Palas de Rei e Castro de Rei quedaron estabilizados.

O incendio de Palas de Rei, parroquia de Orosa, quedou estabilizado ás 00,02 h desta madrugada e iniciouse ás 16,21 h de onte. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 120 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 17 axentes, 19 brigadas, 14 motobombas, 3 pas, 4 avións e 5 helicópteros.

O lume do concello de Castro de Rei, parroquia de Santa Locaia, quedou estabilizado ás 23,23 h da pasada noite. Iniciouse ás 15,50 h de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 27 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 6 axentes, 18 brigadas, 14 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 19/08/2023