A Xunta avalía con DIHGIGAL os avances na dixitalización das actividades industriais das empresas galegas

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023 A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co equipo directivo de DIHGIGAL, o hub de innovación dixital para a industria de Galicia, para avaliar os avances que se están realizando na dixitalización das actividades produtivas das empresas galegas.

DIHGIGAL orienta a súa oferta de servizos de asesoramento e formación cara ás cadeas de valor de sectores como a automoción (CEAGA), o naval (ACLUNAGA), o agroalimentario (CLUSAGA), o das tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC), o forestal ou o téxtil agrupando a preto de 550 socios. Desde este Hub explicaron a súa situación e próximos proxectos á conselleira, quen ratificou o apoio do Goberno galego para que este tipo de infraestruturas se fortalezan e poidan seguir impulsando a transformación dixital das pemes galegas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/09/2023