A Xunta inviste 7,2 M€ na conservación e posta en valor de 44 bens da Ribeira Sacra para impulsar a súa candidatura a patrimonio mundial da Unesco

Lembra que do 6 ao 8 de novembro celebrarase en Santo Estevo de Ribas de Sil un congreso con expertos nacionais e internacionais para relanzar a candidatura

Salienta as 84 actuacións no patrimonio cultural dos concellos deste territorio desde o ano 2017

Inclúe tarefas de estudo, mellora, recuperación, rehabilitación ou divulgación en bens como igrexas, mosteiros, museos, castros ou xacementos romanos

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe os 7,2 millóns de euros investidos na conservación e posta en valor de 44 bens da Ribeira Sacra nas provincias de Lugo e Ourense e que demostran o compromiso do Goberno galego con impulsar a súa candidatura á Patrimonio Mundial da Unesco, á vez que coa conservación do rico patrimonio cultural que pusúe Galicia.

 “Levamos moito camiño andado e seguiremos traballando intensamente”, garantiu Rueda con respecto á consecución deste recoñecemento internacional. Por este motivo, no Consello do Goberno galego deuse conta dun informe que recompila a actividade feita polo Executivo autonómico desde o ano 2017 para estudar, mellorar, recuperar, rehabilitar e divulgar diferentes monumentos no marco da candidatura deste territorio a Patrimonio Mundial da Unesco.  

Precisamente, o mandatario galego lembrou que co fin de relanzar esta candidatura, a vindeira semana o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil acollerá un importante congreso internacional que reunirá “no corazón da Ribeira Sacra” a expertos de todo o mundo e onde adiantou que se “avanzarán detalles novos”. Trátase dunha cita aberta ao público que se celebrará do 6 ao 8 de novembro e poderase seguir tanto de xeito presencial como telemático. Inclúe encontros, conferencias e mesas redondas, entre outras actividades.  

Rueda explicou que desde 2017 a Administración autonómica executou, en solitario ou en colaboración con outras institucións e concellos, 84 actuacións tanto en materia arquitectónica como arqueolóxica en diferentes bens, entre os que citou igrexas, mosteiros, museos, castros ou xacementos romanos, entre outros.   

Actuacións por provincias

No caso da provincia de Lugo, o presidente precisou que a Xunta leva investidos 5,2 M€ para poñer en valor 32 bens patrimoniais dunha decena de concellos incluídos na Ribeira Sacra. Entre as 58 actuacións destacan exemplos como a restauración no mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, a actuación no colexio do Cardeal de Monforte de Lemos ou a rehabilitación da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, no Saviñao. Ademais, no eido da arqueolóxica, cómpre destacar a campaña recentemente rematada no xacemento romano de Proendos, no concello de Sober.  

Rueda detallou que, en Ourense, o investimento elévase ata os 2 millóns de euros para actuacións en 12 bens en sete concellos desta comarca. En total suman 26 intervencións entre as que se inclúen as restauracións dos mosteiros de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín, onde se celebrará o congreso internacional; Santa María de Montederramo ou a rehabilitación da igrexa de Santa Cristina de Ribas do Sil. Dentro da recuperación arqueolóxica salienta a prospección feita na necrópole de San Vítor de Barxacova, en Parada de Sil.  

O presidente da Xunta garantiu que este compromiso continuará vixente o vindeiro ano grazas o incremento de 7 % nas contas destinadas ao patrimonio cultural galego ata os 10,4 millóns de euros, “dos que unha parte importante volverá ser tamén para os bens situados na Ribeira Sacra” asegurou. 

Trátase dunha suba dirixida a seguir coidando, preservando e mantendo a nosa gran riqueza patrimonial nas mellores condicións e na que se inclúen as grandes liñas de traballo desta área como son o Plan Catedrais ou o propio Plan Ribeira Sacra, no que se inclúen estas actuacións.

 
PROVINCIA DE LUGO
CONCELLO
BEN
INVESTIMENTO
A POBRA DO BROLLÓN
Castro de San Lourenzo
20.000,00 €
A POBRA DO BROLLÓN

Xacemento arqueolóxico de Penas do Castelo

50.820,00 €
A POBRA DO BROLLÓN

Xacemento arqueolóxico dos Conventos

17.726,00 €
CHANTADA

Igrexa de Santa María de Pesqueiras

4.598,00 €
CHANTADA

Igrexa de Santa María Nogueira de Miño

53.846,19 €
MONFORTE DE LEMOS
Colexio do Cardeal
748.374,86 €
MONFORTE DE LEMOS

Convento e Museo de Arte Sacro das Clarisas

41.845,61 €
MONFORTE DE LEMOS

Igrexa do mosteiro de San Vicenzo do Pino

351.125,80 €
O SAVIÑAO

Capela e necrópole de San Pedro de Cela

15.679,18 €
O SAVIÑAO

Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño

373.467,52 €
O SAVIÑAO

Igrexa de Santa María de Seteventos

363.419,08 €
O SAVIÑAO

Igrexa e mosteiro de San Paio de Diomondi

139.569,24 €
PANTÓN
Capela de Augas Santas
13.915,00 €
PANTÓN
Castro de Guítara
10.829,50 €
PANTÓN
Cova do Cotillón
20.787,80 €
PANTÓN
Igrexa e reitoral de Pombeiro
298.338,59 €
PANTÓN

Igrexa de Santo André de Ribeiras do Miño

57.059,97 €
PANTÓN
Igrexa de Santo Estevo de Atán
101.981,72 €
PANTÓN

Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón

1.201.728,51 €
PANTÓN
Socalcos da Ribeira Sacra
18.143,95 €
PANTÓN

Xacemento arqueolóxico do Preguntoiro

61.519,59 €
PANTÓN
Xacemento romano de Castillóns
17.061,48 €
PORTOMARÍN
Castro de Castromaior
53.406,58 €
PORTOMARÍN

Igrexa de San Xoán de Portomarín

303.515,36 €
PORTOMARÍN
Río Miño
14.338,50 €
QUIROGA
Túnel de Montefurado
42.925,56 €
SOBER
Conxunto parroquial de Proendos
61.500,00 €
SOBER
Igrexa de San Xiao de Lobios
281.521,31 €
SOBER
Igrexa de San Vicenzo de Pinol
303.524,88 €
SOBER
Xacemento de Proendos
103.842,20 €
TABOADA
Igrexa de San Martiño do Couto
4.228,95 €
VARIOS
Prospeccións xeofísicas
12.221,00 €
PROVINCIA DE OURENSE
CONCELLO
BEN
INVESTIMENTO
CASTRO CALDELAS

Antigo mosteiro de San Xoán de Camba

29.524,00 €

CASTRO CALDELAS

Igrexa da Virxe dos Remedios

19.452,88 €

CASTRO CALDELAS

Tellas medievais

6.776,00 €
ESGOS

San Pedro de Rocas

125.578,64 €
MONTEDERRAMO

Mosteiro de Santa María Montederramo

486.184,83 €
NOGUEIRA DE RAMUÍN
Capela de San Xoán de Cachón
9.680,00 €
NOGUEIRA DE RAMUÍN

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

836.929,38 €
NOGUEIRA DE RAMUÍN

Xacemento arqueolóxico de Penedos do Castro

27.128,20 €

PARADA DE SIL

Santa Cristina de Ribas de Sil

309.333,42 €

PARADA DE SIL

Necrópole alto medieval de San Vítor de Barxacova

38.781,90 €
VARIOS

Prospeccións en varios concellos

17.254,60 €

XUNQUEIRA DE ESPADANEDO

Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo

220.653,89 €
 


 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/11/2023