A Xunta destaca en Lugo a importancia de educar en igualdade desde idades temperás na actividade Os Bolechas falan das familias

Lugo, 27 de novembro de 2023
Compartir
  • whatsapp

A  secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, destacou hoxe ante un grupo de alumnos do CEIP Casás de Lugo, que participaron na actividade Os Bolechas falan das familias, a importancia de adoptar comportamentos igualitarios desde idades temperás e sinalou o apoio autonómico ás diversas tipoloxías de familias.

Esta actividade, que está a organizar a Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos), estase a realizar por diferentes colexios da xeografía galega no marco do Plan Corresponsables, co que a Xunta financia diferentes actuacións para apoiar a conciliación corresponsable das familias galegas. Así, a Administración autonómica colabora coas anpas, concellos, entidades de iniciativa social, universidades, federacións de mulleres rurais, bibliotecas, centros culturais, federacións deportivas e asociacións de familias de especial consideración para levar a cabo diversas actividades.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 27/11/2023