A Xunta apoia a constitución dunha asociación de indicacións xeográficas protexidas de viño galegas

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2023
Compartir
  • whatsapp

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, estivo presente na reunión pola que se constituíu a asociación das Indicacións Xeográficas Protexidas de viño de Galicia. Entre elas atópanse a do Barbanza e Iria, a de Betanzos, a do Val do Miño de Ourense, a de Ribeiras do Morrazo e a de Terras do Navia.

Estes selos de calidade vitivinícola súmanse ás cinco denominacións de orixe coas que conta Galicia -Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei- o que dá conta da importancia do sector vitivinícola para a comunidade galega.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 29/11/2023