Miguel Ángel Caínzos, Darío Durán, Luisa Pérez e Luciano Vidán, nomeados persoal emérito do Sergas

Con este nomeamento, recoñécese o prestixio e a importancia de profesionais sanitarios xubilados, así como facilítase a existencia dunha relación activa coa institución sanitaria de adscrición

Santiago de Compostela, 4 de decembro 2023
Compartir
  • whatsapp

O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición de hoxe, unha Resolución da Consellería de Sanidade pola que se nomea persoal emérito do Sergas polo período dun ano, ou ata que cumpran 72, a Miguel Ángel Caínzos Fernández, especialista en cirurxía xeral e do aparello dixestivo da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; a Darío Nicolás Durán Muñoz; especialista en cirurxía cardiovascular da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; a Luisa Pérez Álvarez, especialista en Cardioloxía da Área Sanitaria da Coruña e Cee; e a Luciano Vidán Martínez; especialista en Medicina de Familia da Área Sanitaria da Coruña e Cee.

Con este nomeamento, o departamento sanitario galego recoñece o prestixio e a importancia de profesionais sanitarios xubilados, así como facilítase durante o período de tempo establecido e mentres as condicións de saúde llelo permitan, a existencia dunha relación activa coa institución sanitaria de adscrición, realizando funcións de consultoría, asesoría e formación, aproveitando desa forma a experiencia e os coñecementos adquiridos durante a vida laboral prevía á súa xubilación.

Remarcar que a Orde de 27 de xullo de 2010 establece que o nomeamento de persoal emérito que se pode realizar anualmente será como máximo de seis persoas.

 

Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 04/12/2023