O 061 de Galicia asistiu 80 persoas por 63 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 15 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 17 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 80 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 18 de decembro de 2023

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 80 persoas debido a 63 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 15 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 17 de decembro. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 19 accidentes de tráfico ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 80 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 63 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 80 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 68 % e do 32 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 32 % dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 27 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
26
Lugo
7
Ourense
3
Pontevedra
27
Galicia
63

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 82. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 10 accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nun sinistro, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 62 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove accidentes.

En 67 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/12/2023