A Xunta avalía coas asociacións de comerciantes as liñas de actuación para seguir colaborando na potenciación do sector

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou hoxe nunha xornada informativa con responsables de centros comerciais abertos

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou hoxe nunha xornada informativa para responsables de centros comerciais abertos na que se avaliaron as liñas de actuación para seguir colaborando con estas asociacións na potenciación do comercio local ao longo deste ano.

Durante a súa intervención, Lorenzana, que trasladou o apoio da Administración autonómica a este sector, destacou a relevancia do comercio no emprego e na economía de Galicia, e subliñou que este sector xoga un importante papel nas cidades e nas vilas da Comunidade.

Entre os principais retos que afronta o comercio galego de proximidade, tal e como subliñou a conselleira de Economía, Industria e Innovación, atópanse a modernización e a dixitalización, apostando ao mesmo tempo pola fidelización da clientela e por ofrecer cada vez un produto máis personalizado.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/01/2024