A Xunta fomenta o coñecemento empresarial da mocidade a través do Xuventude Mentoring

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta mañá nunha visita á empresa Mestrelab Research, dirixida á mocidade que forma parte da cuarta edición do programa Xuventude Mentoring, que supera as 150 persoas.

Durante a visita, a mocidade puido coñecer o día a día dos traballadores desta empresa con presenza internacional dedicada á subministración de software para a química analítica. A directora xeral destacou que mediante esta iniciativa achégaselle á mocidade un maior coñecemento das empresas que traballan na nosa Comunidade e facilítase a súa preparación de cara ao acceso ao mercado de traballo, obxectivo principal do programa Xuventude Mentoring.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/01/2024