O DOG publica a convocatoria de preto de 60 prazas de promoción interna

Estas prazas están destinadas a empregados e empregadas públicas que teñen un posto fixo na Administración

O prazo de inscrición para as persoas interesadas é de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación no DOG

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2024
Compartir
  • whatsapp

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 57 prazas de promoción interna destinadas a empregados e empregadas públicas que xa teñen un posto fixo na Administración galega.

 

Así, o DOG recolle a convocatoria de oito prazas na escala de sistemas e tecnoloxía da información (A1); outras oito para a escala superior de finanzas (A1); 10 prazas na especialidade de enxeñería agronómica (A1); outras 10 na especialidade de enxeñería de montes (A1); dúas na especialidade de enxeñería industrial (A1); e dúas na especialidade de enxeñería de minas (A1).

 

Ademais, tamén se convocan oito prazas na escala de xestión de sistemas de informática (A2); dúas na escala de inspectores de consumo (A2); tres prazas na especialidade de enxeñería técnica de obras públicas (A2); dúas na de enxeñería técnica agrícola (A2); e outras dúas prazas na especialidade de enxeñería técnica forestal (A2).

 

As persoas interesadas en participar nestes procesos terán 20 días hábiles (que se contan a partir do día seguinte ao da publicación no DOG) para facelo constar no modelo de solicitude electrónica que se facilita gratuitamente na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública (funcionpublica.xunta.gal), e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala.

 

O modelo de solicitude está dispoñible na ruta ‘Procesos selectivos’ – ‘Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos’- e os aspirantes deben dispoñer dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), DNI electrónico ou Chave 365.

Data de actualización: 30/01/2024