A Xunta avoga por poñer en valor o patrimonio mineiro e recuperar as zonas nas que se desenvolveu esta actividade

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá o espazo mineiro recuperado de Trema

Valga (Pontevedra), 1 de febreiro de 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá o espazo mineiro recuperado de Trema para coñecer a evolución das actuacións que se están realizando e destacou a necesidade tanto de poñer en valor o patrimonio mineiro como de recuperar e valorizar zonas e solos afectados por esta actividade.

Actualmente o uso principal do solo do antigo emprazamento mineiro é forestal e o fondo do antigo oco minero converteuse nunha lagoa de 9.500 metros cadrados. Nestes momentos está pendente o peche dun tramo na zona da pista.

Tal e como lle trasladaron, as actuacións acometidas ata o momento, financiadas con fondos europeos Next Generation, consistiron na rehabilitación e posta en seguridade da concesión Trema. Así leváronse a cabo actividades de roza, reforzo do peche perimetral e desvío da pista, retirada de residuos inertes e revexetación, entre outras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/02/2024