A delegada da Xunta analiza a situación do sector de Autopatronos coa directiva da Asociación do Taxi de Vigo

Compartir
  • whatsapp

Vigo, 8 de febreiro de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este xoves unha xuntanza de traballo coa directiva da Asociación de Autopatronos do Taxi de Vigo e a Cooperativa de Autotaxi e Radio Taxi. A responsable autonómica analizou a situación actual do sector de autopatronos con Emilio Mosquera e Cristian Pérez, presidente e secretario do colectivo, así como a constitución dunha nova federación galega.