Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.036 novas:

19/06/2024 | 19:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez reúnese coas organizacións sindicais para abordar o desenvolvemento da lexislatura en materia educativa

O conselleiro mantén ao longo deste mércores reunións de traballo con representantes de CIG Ensino, CCOO Ensino, Anpe e UGT Ensino

19/06/2024 | 19:15 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia Calidade apoia a campaña de promoción dos produtos do mar da Asociación Galega de Depuradoras

A directora-xerente da entidade, Ana Méndez, participa na presentación e showcooking en Cambados e pon en valor o potencial turístico da gastronomía galega

19/06/2024 | 19:00 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o liderado de Ribeira na pesca de baixura e anima a cidadanía a aproveitar o San Xoán para consumir a mellor sardiña galega

A lonxa ribeirense está acaparando a maioría das descargas desta especie este ano marcado polas boas capturas aínda que a maioría da flota do cerco continúa no cantábrico apurando a campaña do bocarte

19/06/2024 | 18:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta reforza o seu operativo en materia de loita contra o lume coa colaboración de todas as administracións

Diego Calvo incidiu na importancia da colaboración da sociedade na denuncia da actividade incendiaria e na coordinación entre administracións na loita contra o lume a través deste dispositivo de máis de 7.000 efectivos

19/06/2024 | 18:34 | C. do Medio Rural

Medio Rural impulsará o Banco de Xermoplasma do centro de investigacións agrarias de Mabegondo para consolidar a súa posición de referencia

Así o trasladou hoxe o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, en resposta a unha pregunta sobre este asunto na Comisión 7ª do Parlamento

19/06/2024 | 18:28 | C. de Economía e Industria

As axudas Innovapeme e Deseñapeme da Xunta beneficiaron a 28 empresas da provincia de Pontevedra en 2023

O delegado territorial visitou, xunto á directora de GAIN e á alcaldesa de Marín, a empresa Mariscos Comesaña, que está usando estes programas para tratar de encontrar novas vías de comercialización aos subprodutos do pepino de mar

19/06/2024 | 18:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
19/06/2024 | 17:52 | C. de Sanidade

A Xunta dá un paso máis para garantir o acompañamento e o contacto pel con pel durante as cesáreas en todas as áreas sanitarias

A nova Guía de acompañamento da muller e do contacto pel con pel na cesárea procura mellorar o benestar das mulleres embarazadas e fomenta o vínculo temperán entre nai e fillo

19/06/2024 | 17:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa na entrega de premios do programa Explorer da Universidade de Santiago de Compostela a prol do emprendemento

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiu ao acto no marco do plan para persoas emprendedoras do eido universitario que apoia o Goberno galego ao abeiro dun convenio asinado coas tres universidades públicas

19/06/2024 | 17:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o valor innovador das startups da Business Factory Aero e a súa pegada no avance do sector aeroespacial

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, asistiu a unha demostración da tecnoloxía Suite Acre, desenvolvida por Vig-Sec Drone, startup participante na 5ª edición da Business Factory Aero