Actualidade
Buscador de novas
Rueda pon en valor os Premios da Cultura Galega que recoñecen o talento e creatividade dos artistas que levan a marca Galicia Calidade por todo o mundo
Salienta o bo momento que vive a cultura galega cunha candidatura aos Oscar, premios nacionais de Poesía, Circo e Danza, e un Latin Grammy
A Xunta apoia iniciativas en Cuntis, Santiago, Ourense e Teo con motivo dos días europeos da artesanía
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe un taller de estampaxe téxtil na tenda Amodo de Ourense impartido por Xiana Cobo
O seguimento na quenda de tarde da folga de atención primaria acada o 1,58 % na Sanidade Pública Galega
O paro está convocado polo sindicato CIG, a única forza sindical que non se sumou ata o momento á reforma integral da atención primaria que a Consellería de Sanidade está a negociar xa con seis organizacións sindicais
A Xunta reafirma o seu apoio ao sector aeronáutico como motor de creación de emprego cualificado e de crecemento industrial en Galicia
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participa na localidade ourensá de San Cibrao das Viñas na clausura da VII Xornada Cadea de subministro aeronáutica española, organizada por TEDAE e ASIME
A Xunta destaca a súa aposta por conectar formación para o emprego e incentivos á contratación en beneficio de sectores como o do transporte
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou en Vigo a Asociación Provincial de Empresarios de Transportes de Mercadorías e Escavacións de Pontevedra (Asetranspo), onde mantivo un encontro co seu equipo directivo
Máis de 200 estudantes de toda Galicia amosan a súa capacidade de oratoria e debate en Lugo co apoio da Xunta
A Delegación Territorial acollerá este venres o concerto da artista madrileña TERE! dentro da programación da segunda edición do Torneo Lugo Debate
A Xunta destaca o avance no proxecto ‘Ferrol. Cidade do Deporte’ coa execución das obras de modernización dos pavillóns do recinto feiral de FIMO
O convenio asinado en 2024 entre a Xunta e o Concello prevé actuacións en infraestruturas deportivas ferrolás por valor de 18M€, dos que o Goberno galego achega 9M€ entre este ano e 2029
A Xunta defende a colaboración das empresas e dos traballadores no seo do diálogo social para abordar o absentismo laboral inxustificado
José González insistiu en que o obxectivo é blindar os dereitos das persoas traballadoras e á vez mitigar o impacto desta problemática estrutural nas empresas
A Xunta reorganiza desde o 13 de abril o transporte interurbano na Coruña a raíz da peonalización de Entrexardíns
Todos os servizos de transporte público interurbano con parada en Entrexardíns pasarán a operar desde a parada do Teatro Colón