Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 16.596 novas:

23/09/2024 | 15:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos do río Grande de Xubia nos concellos de Moeche, San Sadurniño, Narón e Neda, que suman máis de 14 km

As tarefas que está a realizar Augas de Galicia consisten na retirada de árbores caídas e biomasa para evitar atoamentos

23/09/2024 | 15:01 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsará o polígono industrial de Anxeriz en Tordoia cun investimento de 560.000€ para reforzar a súa rede eléctrica

Estas axudas van dirixidas a  establecer medidas de reforzo e extensión nos parques que precisan un abastecemento de enerxía eléctrica 

23/09/2024 | 14:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia o Ourense Film Festival nunha 29ª edición que reforza a aposta polo audiovisual galego

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora coa Fundación Carlos Velo na organización do que é o certame internacional de cine de carácter competitivo máis lonxevo da nosa Comunidade

23/09/2024 | 14:22 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa as rutas guiadas no outono polos concellos da Mariña para desestacionalizar o turismo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa, que propón percorridos e actividades polos 16 concellos da comarca en outubro e novembro

23/09/2024 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza as conexións entre O Barco de Valdeorras, Ourense e A Pobra de Trives

O delegado territorial anunciou que se incrementa a oferta vixente entre o Barco de Valdeorras con Ourense con dous novos servizos, tanto de ida como de volta; e dende o Barco de Valdeorras coa Pobra de Trives con outras dúas expedicións, tamén de ida e de volta

23/09/2024 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 270.000 euros a reforma e mellora de rúa en Fumaces, no concello de Riós

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que finaliza o 22 de outubro

23/09/2024 | 13:44 | C. de Sanidade
23/09/2024 | 13:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e Galaxia presentan o ensaio ‘Economía e poesía: Rimas internas’, gañador do Premio Ramón Piñeiro 2023

O secretario xeral da Lingua participa nesta cita na que a autora, Yolanda Castaño, amosa a publicación desta obra, a primeira que escribe deste xénero literario

23/09/2024 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 96.000€ as obras de humanización da praza de Picoutiños en Nogueiró, no concello de Cartelle

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas asume o 70% do orzamento e o Concello achega o 30% restante, sumando un orzamento global de 110.000€

23/09/2024 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de humanización de varias prazas de Coristanco, ao abeiro do Plan Hurbe

A actuación permitirá humanizar as prazas de San Antonio e do Cruceiro, na parroquia de San Lourenzo da Agualada, e a rúa e a praza de San Roque, na parroquia de Santa María de Traba