Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.244 novas:

23/04/2024 | 13:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral cun investimento de preto de 550.000 €

Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna silvestre ao tempo que se melloran as condicións de traballo dos seus profesionais

23/04/2024 | 12:56 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta inviste 2 M€ na mellora das infraestruturas turísticas de preto de 70 concellos do rural galego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas de Turismo de Galicia para a diversificación do turismo nos concellos de menos de 10.000 habitantes

23/04/2024 | 12:53 | C. de Economía e Industria
23/04/2024 | 12:26 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi

O lume iniciouse ás 1,06 horas desta madrugada e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 20 hectáreas

23/04/2024 | 12:24 | C. de Sanidade

O Sergas cubre todas as prazas de facultativos ofertadas por concurso de méritos para 174 postos de difícil cobertura nos hospitais comarcais e en saúde mental

Trátase de persoal facultativo de 93 especialidades que se incorporará a hospitais comarcais e, para as sete áreas sanitarias, 44 psiquiatras e 37 psicólogos no ámbito da saúde mental

23/04/2024 | 12:07 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre nova convocatoria das residencias artísticas do Gaiás con catro axudas de 8.000 € para proxectos de artes visuais, escénicas, musicais e deseño

Poderá solicitalas calquera persoa física cunha proposta creativa a desenvolver durante estadías de tres semanas e un mes e medio na Cidade da Cultura

23/04/2024 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A escritora Arantza Portabales obtén o Premio Clubs de lectura 2024

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP recoñece a esta autora galega por ser a máis lida nas bibliotecas escolares durante este curso

23/04/2024 | 11:42 | C. do Medio Rural

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta identifica a presunta autora de varios lumes no concello coruñés de Coristanco

Tras un traballo de investigación dende que se produciu o primeiro dos incendios o 24 de marzo, conseguiuse recadar nas primeiras dilixencias probas indiciarias suficientes para poñer a suposta persoa autora a disposición xudicial

23/04/2024 | 11:34 | A Presidencia da Xunta

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro puxante no económico e centrada nas persoas

Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industriais, así como impulsar as enerxías verdes

23/04/2024 | 11:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca o XXV premio Elías Valiña de recoñecemento a entidades e persoas a prol do labor revitalizador dos valores propios do Camiño de Santiago

O galardón, dotado con 15.000 euros, está dirixido a asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que protexen a Ruta Xacobea