Actualidade
Buscador de novas
A Xunta leva o proxecto Artesanía na Escola a centros de Samos e Baralla
Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegáronse esta mañá ata o CEIP de Samos e o CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla, para facer demostracións da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas
Villaverde destaca o papel diferenciador da acuicultura no desenvolvemento socioeconómico de Galicia
A conselleira do Mar participou na inauguración da primeira reunión anual do proxecto Occam, centrado nos posibles efectos do cambio climático neste sector
O delegado territorial participa nas charlas formativas de educación cívico-tributaria da Xunta ao alumnado de primaria do CEIP de Guins en Melón
Manuel Pardo destacou que o obxectivo desta acción formativa é transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal e fomentar a conciencia fiscal colectiva da cidadanía desde idades temperás
Lorenzana destaca a aposta que está facendo por Galicia o principal centro tecnolóxico aeroespacial de España
Catec leva anos traballando en Galicia vinculado ao Parque Empresarial de Rozas (Castro de Rei)
A Xunta aborda cos concellos da área da Coruña as melloras do transporte metropolitano
A reunión enmárcase no compromiso do Goberno galego de reforzar o diálogo cos municipios no seo da ATM da Coruña
O futuro Centro de Ciberseguridade consolida a Galicia como territorio de vangarda das novas tecnoloxías
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron as obras do centro
A Xunta inviste 260.000 euros na substitución das cubertas do CEIP Chans-Bembrive de Vigo
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou as instalacións do centro educativo para coñecer os detalles da reforma
Gómez Caamaño sitúa a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal na vangarda europea da innovación sanitaria co impulso do proxecto New Health centrado no paciente
O titular de Sanidade destaca a capacidade do proxecto New Health, dotado cun orzamento de case 7 M€, de xerar cambios estruturais no sistema sanitario, comezando polos eidos da oncoloxía e as enfermidades cardiovasculares