Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 34.214 novas da Fonte::

15/04/2026 | 12:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta resolve conceder a Fogar e Clínica San Rafael a xestión da minirresidencia Casa da Quintán en Pontecaldelas

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, reuniuse coa directiva da entidade que xestionará ata 2028 este centro de atención especializada a nenos e adolescentes cunha medida de protección e problemas de saúde mental

15/04/2026 | 12:45 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza o reforzo do PAC do Porriño cunha nova praza de médico que permitirá mellorar a atención das urxencias polas tardes e nas fins de semana

O titular de Sanidade subliña que, pese á falta de médicos en todo o Estado, o centro de saúde do Porriño conta na actualidade coa práctica totalidade do seu persoal cuberto, grazas ás melloras organizativas impulsadas polos responsables da área sanitaria

15/04/2026 | 12:30 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
15/04/2026 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza en materia de vivenda apoiando o aluguer accesible co programa Fogar Vivo

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou a unha das beneficiarias da anterior convocatoria, que deixou máis 145.000 euros de achegas no ámbito da delegación

15/04/2026 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta desenvolverá solo residencial en Saíñas, en Cangas de Morrazo, para construír 300 vivendas públicas, todas protexidas

A Xunta tramitará un Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para desenvolver solo residencial neste ámbito, que conta xa coa delimitación inicial

15/04/2026 | 12:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue: “Coas novas medidas, máis familias galegas terán acceso a vivenda pública da Xunta de Galicia”

As modificacións impulsadas pola Xunta inclúen a suba dos límites de renda a 4 veces o Iprem (4,5 para familias numerosas), a reserva do 30% da vivenda en réxime de compra-venda para persoas de entre 36 e 45 anos con fillos ao seu cargo e a bonificación do 100% do imposto de Actos Xurídicos Documentados

15/04/2026 | 11:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao cambio de uso de solo forestal a agrícola de varias parcelas para o plantado de viñedos no concello de Toén

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre e cando se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

15/04/2026 | 11:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta crea a Mesa do Comercio de Galicia para impulsar a colaboración entre administracións e axentes implicados en beneficio do sector comercial

González enmarca o novo órgano colexiado consultivo e de participación no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, como reforzo das Mesas Locais que xa existen para coordinar as accións de concellos e asociacións de comerciantes

15/04/2026 | 11:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da formación dos profesionais do ámbito xurídico co obxectivo de reforzar a protección do patrimonio

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participa hoxe na inauguración do curso ‘A protección do patrimonio histórico e a súa conexión co urbanismo’, organizado polo Consello Xeral do Poder Xudicial e a Xunta