Actualidade
Buscador de novas
A Xunta demanda unha maior coordinación entre os organismos públicos de xestión da auga para optimizar os servizos prestados á cidadanía
Ángeles Vázquez destaca a importancia de intensificar a colaboración neste eido para atender mellor as necesidades da poboación e avanzar cara a unha Administración máis áxil, máis dixital e máis preparada para os retos futuros
A Xunta celebra ter superado as cen adhesións á rede Ultreia de atención ao emprendemento poñendo en valor a colaboración coa Deputacion de Pontevedra
José González pon de relevo a Rede impulsada no I Congreso Ultreia Galicia que pode seguir sumando inscricións na web www.ultreiagalicia.com, ao tempo que avoga por brindar recursos e programas adaptados ás iniciativas e contornas concretas
A Xunta abre hoxe o prazo de solicitudes para as actividades da campaña de verán
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude conta nesta edición coa maior oferta da súa historia ao alcanzar un total de 11.932 prazas
Martina Aneiros participa nunha xornada de Inspiradores polo Clima para impulsar o talento novo no ámbito ambiental
A delegada territorial da Xunta en Ferrol animou aos 29 alumnos participantes na visita á Finca Horticina-Cool Farms en Cerdido a aproveitar as oportunidades da actividade
Belén do Campo supervisou a obra de mellora funcional do espazo público viario do núcleo de Camboño realizada ao abeiro do plan Hurbe
A delegada da Xunta informou que a actuación contou cun investimento de preto de 385.000 €
Anxo M. Lorenzo resalta o impulso “de propostas culturais de calidade en todo o territorio”
O director xeral de Cultura participa na presentación do XVIII Ciclo de música relixiosa Barcia de Mera, que se celebrará do 25 de abril ao 12 de setembro no concello de Covelo, coa colaboración da Xunta de Galicia
Galicia sitúase como a comunidade coa menor porcentaxe de pacientes que esperan máis de 60 días para unha consulta co especialista
A peche de 2025, o tempo medio de espera para acceder á primeira consulta co especialista situouse en Galicia 39 días menos que a media nacional, con 63 días fronte a 102 días no conxunto do Estado
A Xunta consolida o apoio aos Centros Especiais de Emprego coa nova orde de 27 M€ que se publica mañá a prol a inclusión laboral de persoas con discapacidade
José González destaca o compromiso do Goberno galego co impulso da economía social, á que se destinan este ano preto de 45 M€, e co apoio a un modelo que xera emprego de calidade, cohesión social e equilibrio territorial
Turismo de Galicia destaca a excelencia do xardín do Pazo Quinteiro da Cruz, recoñecido co premio Acanthus
O galardón pon en valor o proxecto ‘A casa de té no bosque’, exemplo de integración entre patrimonio, cultura e turismo sostible en Galicia
O Servizo Galego de Saúde acada as 4.000 intervencións urolóxicas realizadas con cirurxía robótica
O titular de Sanidade incide en que esta especialidade ocupa un lugar central no sistema sanitario, cun volume asistencial moi relevante