Actualidade
Buscador de novas
A Xunta lanza unha acción de concienciación en cidades para reforzar a recollida separada de biorresiduos, que xa está implantada no 94% dos concellos
No marco da campaña Co marrón somos máis verdes, o Goberno galego busca impulsar a separación en orixe da fracción orgánica con medidas especiais e de gran impacto visual como esta, que estará durante unha semana tamén en Lugo e Ferrol
Belén do Campo pon en valor a Artesanía Galega na xornada “Oficios en Acción” organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA)
A delegada da Xunta destacou que a artesanía é un sector estratéxico que combina tradición e innovación, xerando emprego e contribuíndo á dinamización económica e cultural
Allegue avanza a licitación por preto de 3,3 M€ da construción de 17 vivendas públicas en Lalín con financiación exclusiva de fondos da Xunta en solo cedido polo concello
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicará este mesmo luns 13 a licitación da obra, á que as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 25 de maio
Belén do Campo asiste á lectura do manifesto polo Día Mundial do Párkinson e reafirma o apoio da Xunta ás persoas afectadas e ás súas familias
A delegada da Xunta trasladou á entidade o compromiso do Executivo galego de seguir colaborando de maneira estreita para avanzar na atención e coidado das persoas con esta doenza
Turismo de Galicia impulsa a Cátedra de Hidroloxía para avanzar na difusión do termalismo nos tratamentos médicos
A Xunta mantén unha alianza coa entidade académica para favorecer a formación científica neste eido
Gómez Caamaño pon en valor os 90 M€ investidos pola Xunta en 4 anos en equipamento e tecnoloxía para reforzar a capacidade resolutiva da atención primaria
Destaca o papel transformador que xogará a innovación tecnolóxica no futuro da sanidade
Galicia Escena PRO 2026 configura unha carteleira con 32 espectáculos e proxectos de produción galega
As compañías programadas exhibirán 19 montaxes en formato completo e presentarán outras 13 propostas de próxima estrea en sesións pitching