Actualidade
Buscador de novas
Manuel Pardo incide na prevención do consumo de alcohol e de bebidas enerxéticas nos centros escolares da provincia de Ourense
O delegado territorial destacou que este programa forma parte do ‘Plan Proxecta+’, iniciativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no que os centros escolares que decidan implementalo promoverán que cada aula participante elabore un traballo en equipo no que terán que entregar unha campaña de contrapublicidade do consumo de bebidas alcohólicas ou enerxéticas en soporte audiovisual, cartel ou slogan publicitario
Manuel Pardo supervisa o remate das obras de reparación das filtracións do edificio xudicial de Bande
Manuel Pardo explicou que nesta intervención para reparar as filtracións do xulgado, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destinou máis de 40.000 euros
Medio Rural salienta o seu apoio ao sector vitivinícola con axudas de arredor de 12 millóns de euros anuais
María José Gómez visitou hoxe as instalacións de Bodegas Roandi, onde lembrou que segue aberto ata o 27 de abril o prazo de solicitude das axudas á reestruturación e reconversión de viñedo, dotadas cun orzamento de 4 millóns de euros
Rueda aposta por captar talento da Galicia Exterior para seguir construíndo unha comunidade líder e innovadora
Resalta a importancia das bolsas BEME, que cada ano traen á comunidade unhas 250 persoas para estudar mestrados
A Xunta destaca a importancia da Feira FormaMos, integrada no calendario Galicia Educa, na orientación académica e profesional do alumnado
Esta cita, que reúne 85 expositores, achega a oferta formativa da comarca a toda a cidadanía e conta cunha ampla programación de actividades prácticas
A Xunta exixe ao Goberno central toda a información remitida a Bruxelas sobre a reforma do Regulamento de Costas e que suspenda o prazo para enviar alegacións
Ángeles Vázquez considera fundamental ter acceso a toda a documentación do procedemento de infracción aberto contra España por non traspoñer a directiva de servizos para poder facer consideracións de maneira ben fundamentada
O programa de formación e emprendemento cultural ‘Sarria<30’ desenvolverase en maio na comarca co apoio da Xunta
Recoñecidos profesionais do sector impartirán en todos os concellos laboratorios sobre xestión de eventos musicais, danza contemporánea, patrimonio inmaterial ou relación entre cultura e turismo, entre outras temáticas
Xosé Merelles reforza en Córdoba o modelo turístico de calidade de Galicia reiterando a alianza público-privada e o diálogo constante
A comunidade logrou cifras récord en turismo en 2025, “datos que falan de éxito, pero tamén de colaboración e traballo conxunto”
O piloto lucense Alonso Liste presenta o vehículo adaptado no CIFP As Mercedes co que disputará o Campionato Europeo de Montaña
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca o valor destes proxectos para a formación práctica do alumnado e a súa conexión co sector profesional