Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 34.214 novas da Fonte::

31/03/2026 | 17:49 | C. do Medio Rural

A Xunta reitera en Bruxelas a súa demanda dunha vacina marcada para a dermatose e que se flexibilicen as esixencias aos gandeiros que se poidan ver afectados

María José Gómez advertiu que o mantemento do rigor nas medidas sanitarias é compatible coa flexibilización das obrigas que teñen que respectar os gandeiros á hora de xestionar unha enfermidade que, dixo, “preocupa” no sector primario galego

31/03/2026 | 17:06 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia da Portela

O lume iniciouse ás 21.39 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas

31/03/2026 | 16:26 | C. do Mar

Villaverde insta ao Goberno central a defender en Bruxelas que a acuicultura non forma parte do sector servizos

Advirte do forte impacto que podería ter para Galicia a modificación do Regulamento de Costas e defende que siga considerándose como unha actividade propia do sector primario

31/03/2026 | 15:54 | C. do Medio Rural

Medio Rural e as organizacións agrarias Asaga e UUAA acordan esixir melloras na Lei estatal da cadea alimentaria para protexer os produtores

Os directores de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e da PAC e do Control da Cadea Alimentaria reuníronse hoxe con representantes destas entidades, con quen acordaron a elaboración dun documento para remitir ao Goberno central

31/03/2026 | 15:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 70.000€ realizado na mellora do equipamento da piscina municipal de Outes co apoio da Xunta

A delegada do Goberno autonómico subliñou que a administración autonómica aportou o 90% do financiamento total para renovar e modernizar diferentes elementos do complexo deportivo

31/03/2026 | 15:32 | C. do Mar

Villaverde destaca a aposta de Stolt Sea Farm pola innovación e o seu papel no desenvolvemento da acuicultura en Galicia

Galicia conta con 2.500 empresas e preto de 4.500 empregos vinculados á acuicultura

31/03/2026 | 15:24 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a Xunta aprobará antes do verán unha nova convocatoria das axudas para fomentar a construción en madeira

Son axudas que poden chegar ata o 70 por cento do gasto subvencionable e que cobren a utilización de produtos en madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma tanto de naves e establecementos como de vivendas unifamiliares; así como a redacción dos respectivos proxectos

31/03/2026 | 15:20 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por máis de 1,6 M€ a subministración de máis dun millón de autotest de análise de sangue oculto para o cribado de cancro de colon

Coincidindo co Día mundial contra o cancro de colon, a Xunta fai un chamamento á participación no cribado, que permitiu detectar máis de 2.900 cancros desde 2013, a maioría en fases iniciais

31/03/2026 | 15:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta segue impulsando melloras no exterior do centro de día e fogar residencial de Cerdedo Cotobade, que contará cunha nova marquesiña

Perfecto Rodríguez sinalou que nos últimos anos o Goberno galego investiu máis de 130.000 euros en diferentes actuacións neste servizo