Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 34.070 novas da Fonte::

21/03/2026 | 12:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta oferta esta Semana Santa 550 prazas para coñecer as Illas Atlánticas a través de rutas guiadas

Os visitantes interesados poderán anotarse o mesmo día nos puntos de información de Cíes e Ons e tamén haberá un cupo dispoñible a través da central de reservas

21/03/2026 | 11:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesario un corte de calzada no ramal de Maside a partir deste luns

Para acometer os traballos, que inclúen a execución da segunda fase da pila do viaduto, será preciso o corte da calzada dereita entre o ramal de Maside (AG-54) e a A-52, con desvío de tráfico pola estrada N-541

21/03/2026 | 11:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta traballa en 121 obras de mellora en centros educativos cun investimento de case 150 M€

O conselleiro de Educación destaca que o seu departamento ten en marcha 68 actuacións en colexios e institutos por máis de 100 M€ e prepara proxectos para outras 53 por 49 M€

21/03/2026 | 10:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de rehabilitación do firme que a Xunta executará na LU-611 fan preciso o corte de tráfico de 5,9 km no viario desde o luns 23 de marzo ata o 10 de abril

Os traballos enmárcanse no contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal da Administración autonómica e consistirán no reforzo do firme no ancho completo da estrada e a renovación da sinalización

21/03/2026 | 10:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra co sector a calidade do noso audiovisual na gala de entrega dos XXIV Premios Mestre Mateo

Trisha Fernández e Federico Pérez conducirán a cita na que se desvelarán os proxectos e profesionais gañadores en 25 categorías, moitos deles realizados coas subvencións do Goberno galego

21/03/2026 | 09:49 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde e Fegerec asinan un convenio para impulsar un proxecto pioneiro de rehabilitación funcional domiciliaria de pacientes pediátricos con enfermidades raras

A Consellería de Sanidade e a entidade ultiman o procedemento que permitirá comezar a prestar o servizo aos pacientes nos vindeiros meses

21/03/2026 | 09:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilita unha plataforma na parcela que deixa a demolición do Hotel de Pacientes, obra necesaria para avanzar nos accesos ao Novo Chuac

Tras a derruba do vello inmoble, realizáronse os traballos para a retirada das cimentacións e a adecuación da contorna coa construción da nova plataforma, que conta cunha superficie de 1.000 m2