Actualidade
Buscador de novas
Manuel Pardo lembra que a Xunta ten aberto o prazo da nova convocatoria do Plan específico de acción comunitaria, dotado con 3 M€
O delegado territorial destacou que esta nova orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, aberta ata o vindeiro 20 de abril, está dirixida a colectivos veciñais, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas , co fin seguir apoiando o papel fundamental que estas entidades xogan na dinamización da vida social e cultural e na mellora da calidade de vida dos veciños
Rueda destaca que a Xunta insta o Goberno central a garantir a conservación do Pazo de Meirás e permitir as visitas públicas
Sinala que o Executivo galego reiterará a súa petición para xestionar este espazo, unha vez que o Estado leve a cabo as actuacións necesarias para a súa conservación e seguridade
O delegado territorial visita o resultado dos traballos de reforma do ascensor do IES San Paio
A actuación foi posible grazas a un investimento de preto de 32.000 euros da Xunta
Belén do Campo destaca o apoio da Xunta aos concellos de menos de 10.000 habitantes con axudas de 2 M€ para a mellora das súas infraestruturas turísticas
A delegada da Xunta explicou que o Concello de Cee recibiu, o ano pasado, 30.000 euros para a recuperación e mellora do mirador de Gures
A Xunta presenta as novas edicións de ‘Expomunicipal 2026’ e ‘Enerxétika’ que achegarán solucións para prestar servizos municipais de calidade ás entidades locais e as últimas innovacións no ámbito da enerxía
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vilas, presentaron xunto co director da Fundación Semana Verde Galicia, Ricardo Durán, ambas feiras que se celebran esta semana no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda
Medio Rural aborda coa Asociación Agraria de Galicia os reforzos nos controis diante da situación do lácteo
María José Gómez mantivo un encontro con responsables de Asaga, nun contexto de renovación de contratos e caracterizado, ademais, pola entrada en España de excedentes de leite da UE a baixo prezo e polo aumento dos custos de produción
Un total de 15 centros educativos de Ferrolterra benefícianse este curso das axudas da Xunta para a distribución de leite e froita fresca nas escolas
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o IES Canido, beneficiario deste programa
A exposición `Camelia, flor de Galicia’ impulsa co apoio da Xunta a oferta turística de Santiago de Compostela en Semana Santa
Máis de 200 variedades poderán contemplarse nesta cita na que participarán 25 coleccionistas e entidades