Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 983 novas da área temática Comercio da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

05/03/2026 | 15:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta premia a incorporación da artesanía á moda na Gala Despunte da Escola Mestre Mateo

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entrega esta tarde o Premio Fusión Artesanía e Moda patrocinado pola Xunta no marco da XVI Gala Despunte

02/03/2026 | 14:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima a solicitar o Bono Consolida Economía Social que beneficiou na última convocatoria 16 entidades da área de Pontevedra

A Xunta contribuíu con máis de 12.000 euros á compra dun furgón para a empresa Feito Pontevedra a través do Bono Consolida

02/03/2026 | 12:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste preto de 165.000 € na mellora do centro de formación ocupacional de Ferrol

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o centro, onde supervisou as obras executadas en diferentes espazos do CFO

28/02/2026 | 10:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Ponteareas o oficio da ourivería a través dun obradoiro colaborativo inspirado nas alfombras florais

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá o curso que imparte ata o domingo a ourive compostelá Susi Gesto

27/02/2026 | 13:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destinou preto de 230.000€ para fortalecer a capacidade dinamizadora de seis centros comerciais abertos da provincia de Ourense

Manuel Pardo explicou que esta agrupación de comerciantes percibiu 28.000 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ao abeiro das axudas para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, para reforzar a súa excelencia e a súa capacidade de dinamización da contorna na que se integra

27/02/2026 | 13:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta en Redondela os apoios autonómicos ao comercio para fortalecer este sector como clave na xeración de emprego e dinamización do territorio

González salientou o labor que está a facer o Goberno galego ao abeiro do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 para afrontar retos como a dixitalización, a competencia das plataformas tecnolóxicas ou a remuda xeracional