Actualidade
Buscador de novas
A Xunta promove o intercambio de experiencias e o debate co gallo do Día europeo da igualdade salarial
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada que tivo lugar na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) no marco do Campus formativo de igualdade laboral impulsado polo Goberno galego
A Xunta reafirma o seu compromiso coa atención ás persoas maiores galegas no Brasil
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo, a única entidade nesta cidade que ofrece atención socioasistencial específica á colectividade galega
A Xunta anima ao empresariado de Mos a solicitar os incentivos á contratación dispoñibles en beneficio de colectivos prioritarios como a mocidade
José González destacou o novo enfoque do programa Galicia Suma Talento: Emprégate, que mantén o prazo de solicitude aberto priorizando por primeira vez a contratación de persoas desempregadas previamente formadas ao abeiro das ordes autonómicas
A Xunta destaca o enfoque facilitador e integral das axudas a prol do colectivo autónomo cunha batería de apoios superior aos 42 M€ en 2026
González destacou que Galicia é a terceira comunidade de España con maior peso de persoas autónomas no total de afiliacións, superando o 19%, case catro puntos por riba da media estatal
Arias anima ás asociacións de comerciantes a solicitar os apoios da Xunta para dinamizar o sector
O delegado territorial informou en Sarria sobre a nova convocatoria destas axudas, orientadas a financiar campañas de fomento das vendas, accións de fidelización da clientela e actividades formativas para os asociados
A Xunta pon en marcha o curso de perfeccionamento en cestería ‘Fibranzas’ no marco do programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’
A Fundación Artesanía de Galicia abre o prazo de inscricións para esta nova edición, que se desenvolverá entre marzo de 2026 e marzo de 2027 en San Cristovo de Mouricios (Chantada)