Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa na Coruña o diálogo entre arte, artesanía e deseño
A Fundación Artesanía de Galicia colabora co proxecto Orixes promovido polos ceramistas Pablo Rodríguez, do obradoiro Risco Estudio, e Verónica Moar, que comeza mañá sábado cunha charla do artista e deseñador Christian García Bello
A Xunta destaca o papel das mesas de comercio local para a coordinación público-privada a prol de medidas adaptadas á realidade de cada concello
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na Mesa de comercio local de Betanzos e, ao final da mañá, asistirá tamén á de Curtis, poñendo en valor a importancia destes espazos como encontros de diálogo e cooperación
Aneiros lembra que permanece aberta a liña de axudas para a mellora de infraestruturas nos parques empresariais
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde da localidade, Fernando Couce, supervisou esta mañá as obras executadas no Parque Empresarial de Vilar do Colo con cargo á anterior convocatoria
A Xunta pon en valor o espazo común de circulación e cultura que levan construíndo durante séculos Galicia e Portugal
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na Universidade de Santiago (USC) na presentación das publicacións derivadas do ‘Coloquio Internacional Cruzamentos Galiza-Portugal’
A Xunta destinou máis de 1,5 millóns de euros á formación de preto de 1.300 traballadores na provincia de Pontevedra
O programa Bono Talento Empresa beneficiou a máis de 90 empresas da provincia
A Xunta destaca os máis de 1,3 M€ investidos na nova oficina de emprego de Monelos no marco do proceso de modernización das infraestruturas do servizo
Cunha superficie de 843 m², José González salientou que as novas instalacións dan servizo á veciñanza da cidade da Coruña, pero tamén de Cambre, Carral, Cerceda, Culleredo, Oleiros e Sada, tras terse atendido en 2025 nesa oficina case 31.000 citas
A Xunta convoca unha nova edición dos apoios para incorporar persoas socias ás cooperativas e sociedades laborais cun crédito inicial de 5 M€
O DOG publicou esta semana a convocatoria de 2026 do programa Aprol Economía Social coa que se prevé —cunha estimación inicial— impulsar a incorporación de máis de 340 persoas como socias nunhas 160 cooperativas e sociedades laborais
Belén do Campo anima ás asociacións de comerciantes a solicitar os 2,5 M€ en axudas para reforzar a súa profesionalización e capacidade de fidelización
Belén do Campo lembrou que poden optar ás axudas as asociacións de comerciantes de carácter territorial e sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, cunha antigüidade mínima de tres anos, que representen, como mínimo, 50 negocios retallistas
Martina Aneiros lembra que permanece aberta a convocatoria para as axudas ao emprendemento da Xunta
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros visitou esta mañá o estudio de arquitectura VLD Arquitectos, en Ferrol, un dos negocios beneficiarios destas achegas autonómicas