Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.746 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

19/03/2026 | 11:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Vigo a especialización en vaixelas cerámicas artesanais

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou as persoas participantes no curso sobre engobes de alta temperatura para a decoración de vaixelas, que imparte Ana Felipe ata este sábado 21 de marzo

18/03/2026 | 18:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

A Xunta defende unha formación flexible e adaptada ao tecido produtivo para promover a remuda xeracional en sectores como o marítimo-pesqueiro

José González destacou o decreto pioneiro de microcredenciais para o emprego, que se implantará, de xeito progresivo, nos vindeiros meses, e os apoios de formación para o emprego dos que se pode beneficiar a familia marítimo-pesqueira

18/03/2026 | 11:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta a capacidade das BEME para atraer talento cualificado do exterior cunha nova edición aberta coa que se acadarán os 2.000 beneficiarios

José González lembrou que ata o 30 de abril está vixente o prazo de solicitude da convocatoria 2026-2027, coa que se chegará á cifra histórica de máis de 15 M€ mobilizados nesta iniciativa integrada na Estratexia Galicia Retorna

17/03/2026 | 15:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta constata no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia o éxito dos graos C de formación profesional de informática dirixidos a persoas desempregadas

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego comprobou hoxe a satisfacción do alumnado que xa participou nestas formacións, ao tempo que informou da apertura do prazo de inscrición para dous novos cursos da mesma familia

17/03/2026 | 14:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Ponteareas os documentos técnicos sobre prevención de riscos laborais asociados aos traballos nas adegas

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou en Ponteareas nunha xornada co alumnado do ciclo de grao superior de Vitivinicultura do CIFP A Granxa sobre prevención dos riscos laborais asociados aos traballos nas adegas

17/03/2026 | 13:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reitera ao Goberno a necesidade de axilizar a homologación de títulos para reforzar a inserción laboral cualificada do alumnado das bolsas BEME

José González insistiu, na liña da recente reunión co secretario xeral de Universidades, na necesidade dunha vía áxil, coordinada entre Xunta, universidades e Ministerio, que reduza burocracia e lles permita acceder a postos acordes á súa formación

17/03/2026 | 13:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta polo mantemento de negocios e o emprendemento cunha nova convocatoria do Bono Remuda integrada na orde unificada para autónomos

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe a empresa Toelo Enerxía S.L., que recibiu unha achega de 30.000 euros no marco deste programa no 2025

15/03/2026 | 12:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda recibe ao novo embaixador do Uruguai en España e aposta por reforzar as relacións en materia de comercio e turismo

Case 300 empresas galegas exportan a este país cun volume de negocio de 20,5 M€ no 2025