Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca o pulo dinamizador ao comercio da Feira de oportunidades e de antigüidades da Estrada
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde no acto de inauguración da 14ª Feira de oportunidades do comercio e 72ª Feira de antigüidades
A Xunta salienta en Vigo o papel das microcredenciais para responder con eficacia e axilidade as necesidades de talento das empresas
José González enmarcou esta medida no redeseño da formación para o emprego que impulsa o Goberno galego e no que tamén se encadran outras ordes a demanda do tecido produtivo como a destinada á formación de persoas ocupadas (4 M€)
A Xunta pon en valor os resultados obtidos no programa transfronteirizo a prol da mobilidade laboral entre Galicia e o Norte de Portugal
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe en Viana do Castelo no acto de peche e presentación de resultados do programa Eures-Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal
A Xunta salienta en Lalín os apoios autonómicos ao comercio para fortalecer este sector como clave na xeración de emprego e na dinamización comarcal
José González destacou o impulso do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 para afrontar retos como a competitividade, o pulo á dinamización dos centros comerciais abertos ou o papel vertebrador das prazas de abastos
A Xunta pon en valor a renovación da formación para o emprego e o seu plan de atracción de talento co fin de cubrir as vacantes laborais existentes
José González destaca o redeseño das principais ordes formativas e o novo ‘Galicia Suma Talento: Emprégate’, que pecha o círculo da empregabilidade priorizando por primeira vez a contratación de persoas formadas a través de programas autonómicos