Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 983 novas da área temática Comercio da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

12/03/2025 | 12:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra no Carballiño que xa se poden solicitar as axudas para dinamizar e potenciar as prazas de abastos e mercados

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá a praza de abastos do concello no marco do inicio do prazo de solicitudes desta orde, que se prolongará ata o 14 de abril

12/03/2025 | 11:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo pon en valor os 187.000 euros que a Xunta destina a 14 entidades de economía social da provincia de Ourense

Manuel Pardo lembrou que está aberto o prazo dunha nova convocatoria ata o 21 de abril, cun orzamento de 2,73 millóns de euros, para seguir impulsando en Galicia a creación e a consolidación de entidades de economía social

11/03/2025 | 11:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que o prazo de solicitudes para o impulso das actividades dos centros comerciais abertos continúa aberto ata o 19 de marzo

A orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destínase a apoiar as actividades das agrupacións de comerciantes, buscando primar a calidade e a innovación das súas propostas

10/03/2025 | 14:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel do Laboratorio galego de Consumo no inicio da celebración da Semana do Consumidor

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá o Laboratorio Galego de Consumo no comezo das xornadas programadas para conmemorar o Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras

10/03/2025 | 13:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma en Ortigueira o seu compromiso co impulso e revitalización das prazas de abastos

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o alcalde, Valentín Calvín, visitou o edificio do mercado -actualmente pechado- no marco do apoio a estes espazos comerciais

07/03/2025 | 12:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsará este ano o Bono Activa Comercio cun crédito inicial de 5 M€ e simplificará os trámites para a adhesión dos establecementos a esta iniciativa

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, respondeu hoxe a unha pregunta na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo para dar un balance da pasada convocatoria do Bono Activa Comercio

06/03/2025 | 15:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel das mulleres como motor do comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá a tenda Emilio Iglesias na que mantivo un encontro con mulleres comerciantes e salientou o seu rol clave no desenvolvemento do sector comercial