Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo asiste ao acto “Mercado no rural con porco celta” no mercado de Elviña organizado por Asoporcel
A delegada salientou o papel fundamental que desempeñan as razas gandeiras autóctonas galegas na xestión e protección do territorio, así como o compromiso da Xunta de apoiar a súa conservación e impulso
A Xunta achega ao mercado da Magdalena de Ferrol unha campaña de concienciación contra o desperdicio alimentario nestas festas
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou nesta iniciativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e que consistiu na distribución de culleres de madeira cun QR con receitas de aproveitamento das sobras de Nadal
A Praza de Augas Férreas acollerá durante toda a fin de semana actividades de Nadal para os nenos co apoio da Xunta
A Asociación de Veciños e Comerciantes do barrio lucense organiza a iniciativa ‘Un Nadal de Conto’, que inclúe contacontos, obradoiros, animación musical e xogos, entre outras moitas propostas
A Xunta impulsará a mesa autonómica do comercio local para avanzar na execución do Plan Estratéxico 2025-2030 e consensuar novas propostas de futuro
O director xeral de Comercio e Consumo compareceu hoxe na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, onde adiantou a creación desta Mesa en xaneiro co gallo de promover a interacción entre todos os axentes que inciden no sector comercial
A Xunta pacta co Concello de Vigo e Zona Franca unha nova valoración do Ifevi no marco da man tendida para avanzar na gobernanza tripartita do recinto
As tres partes consensuaron a realización dunha nova valoración do recinto que se encargará a través do propio Ifevi, remarcando desde a Xunta a importancia de que que isto non supoña frear nin atrasar os traballos en marcha
A Xunta mobilizará en 2026 preto de 41 M€ a prol das persoas autónomas e apela ao Goberno a reducir cargas e xerar máis seguridade xurídica no colectivo
González destacou que as últimas medidas do Executivo estatal complican o labor diario de pemes e autónomos, que representan o 99,8 % do tecido produtivo galego, ao incrementar trabas e xerar incerteza normativa
A Fundación Artesanía de Galicia e o torneiro tomiñés Aitor Martínez resultan gañadores nos Premios Nacionais de Artesanía 2025
O torneiro Aitor Martínez acadou o Premio Produto pola súa colección Mundos e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o Premio Promociona Entidades Públicas polo seu proxecto pioneiro en España Artesanía no Prato
A Xunta destaca o papel a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía dentro da colaboración público-privada polo emprendemento e o emprego
José González puxo de relevo a aposta da Cámara pontevedresa pola formación en beneficio das persoas desempregadas ou do comercio local, así como a súa implicación á hora de brindar oportunidades profesionais ás novas xeracións