Actualidade
Buscador de novas
A Xunta salienta o dinamismo da mocidade emprendedora de Ourense nun contexto de paro xuvenil en mínimos históricos para un mes de setembro
José González subliñou o compromiso con seguir impulsando novas oportunidades profesionais para os máis novos, tanto por conta propia como allea, como factor estratéxico para o desenvolvemento do tecido socioeconómico de Galicia
A Xunta salienta en Ferrol o apoio á campaña ‘Comercios que conta historias’ no marco da iniciativa autonómica ‘O teu comercio local é extraordinario’
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta tarde as actividades de dinamización que se desenvolven ao abeiro da iniciativa no barrio da Magdalena
Román Rodríguez destaca a creatividade dos 137 alumnos de 16 centros educativos premiados polos seus proxectos en concursos de emprendemento
O conselleiro de Educación participa na entrega dos premios Atrévete a ter unha idea e Eduemprende Idea, enmarcados no Plan de emprendemento no ensino
A Xunta recibe en Pontecesures a 42 peregrinos da Irmandade Galega de Rubí que realizan o Camiño Portugués pola variante espiritual
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor esta iniciativa como exemplo do labor que as entidades galegas realizan en Cataluña para manter vivas as nosas tradicións e fortalecer a identidade galega
A Xunta participa en Zamora na reunión da Rede Interterritorial de Seguridade e Saúde no Traballo
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe na xuntanza organizada polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo en colaboración cos organismos competentes das distintas autonomías
A Xunta pon en marcha en Allariz a 9ª campaña da iniciativa ‘Merca no teu comercio’ en Ourense co gallo de dinamizar o consumo e as vendas de proximidade
A campaña, realizada en colaboración coa Federación Galega de Comercio, estará activa deica o 15 deste mes de outubro
A Xunta leva a Madrid a exposición ‘Artesanía no Prato’ para seguir promovendo os contactos comerciais entre artesáns e restauradores
José González celebrou o éxito da iniciativa que vincula artesanía e gastronomía en eventos recentes como o de Lisboa, onde asistiron máis de 200 prescritores e se materializaron contratos entre numerosos obradoiros galegos e chefs portugueses
A Xunta pon en valor a bioeconomía como motor de emprendemento a través da candidatura de colaboración transfronteiriza GreenSeed
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, inaugurou a xornada ‘Tendencias en bioeconomía’, na que se deron a coñecer as liñas mestras desta iniciativa candidata ao programa Interreg España-Portugal (Poctep)
Galicia acada o setembro co paro máis baixo da serie histórica con 113.085 persoas desempregadas e co máximo de afiliacións con 1.104.002 cotizantes
Acádase, ademais, a terceira mellor cifra histórica de afiliacións á Seguridade Social