Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 983 novas da área temática Comercio da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

25/09/2024 | 18:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta incide no compromiso coa remuda xeracional para garantir a continuidade dos comercios e negocios que xeran riqueza e emprego

José González puxo en valor esta iniciativa pioneira, dotada con 1,5 millóns de euros e cuxo prazo permanece aberto ata o 30 de outubro, aínda con crédito dispoñible

25/09/2024 | 13:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta continúa avanzando en Lugo co proceso participativo para a elaboración do Plan estratéxico do sector comercial

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, está a manter hoxe diferentes encontros con representantes de asociacións de comerciantes e de centros comerciais abertos da provincia de Lugo

24/09/2024 | 10:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia en Vigo a campaña ‘Mercado de Teis ao teu lado’ no marco das axudas para impulsar unha rede de mercados excelentes en Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo e a delegada territorial da Xunta en Vigo asistiron esta mañá á presentación da iniciativa que busca poñer en valor o mercado de Teis, incluíndo regalos promocionais por mercar nestas instalacións   

23/09/2024 | 13:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta desbloquea o retorno dos praceiros á Praza de Abastos nº1 de Ourense e cofinanciará as obras para reactivar a actividade nesta infraestrutura

Deste xeito, o Goberno galego dá continuidade ao seu compromiso para facilitar o traslado dos comerciantes desde a súa actual ubicación provisional e retomar o funcionamento deste edificio histórico e estratéxico para a cidade

23/09/2024 | 10:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca nun obradoiro do polo de emprendemento de Coristanco as posibilidades das novas tecnoloxías no ámbito rural

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na apertura da xornada, onde puxo de relevo que o Polo coristanqués leva atendido máis de 200 proxectos, un 56% deles impulsados por mulleres  

21/09/2024 | 16:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta incentiva o debate arredor de novos xeitos de crear artesanía combinando innovación, tradición, economía circular e deseño contemporáneo

José González destacou que entre hoxe e mañá haberá mesas de debate e conferencias co obxecto de afondar nas posibilidades dos materiais, da natureza e dos saberes tradicionais, sen desbotar a innovación  

20/09/2024 | 14:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Xermade a conservación e divulgación da tornería de madeira

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na inauguración do XXIV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebra nesta localidade luguesa ata o domingo

20/09/2024 | 13:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa no ‘Pont-Up Store 2024’ un xogo do emprendemento para animar ás novas xeracións a crear os seus propios negocios

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais participou hoxe na inauguración do evento que ten lugar entre hoxe e mañá en Pontevedra

20/09/2024 | 10:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza en colaboración con APE Galicia no proxecto piloto para adaptar o comercio local ás tendencias de consumo co apoio da dixitalización

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu esta semana á formación realizada no Barco de Valdeorras no marco do programa Adapta local