Actualidade
Buscador de novas
A Xunta mantén aberto ata o 30 de setembro o prazo para solicitar as axudas para autónomos a través da nova convocatoria unificada
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a empresas Excavaciones Chicho SL, unha beneficiarias do programa Bono Autónomo no ano 2024, incluído nesta convocatoria
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia abre en breve o prazo para que as persoas desempregadas poidan solicitar catro novos graos C de FP de Informática
A partir do próximo luns 1 de setembro poderán achegarse á súa oficina de emprego ou ao propio CNTG para solicitar estas formacións que empezarán en outubro
A Xunta convoca os Premios do Comercio Galego 2025 para recoñecer os profesionais do sector e avanzar na súa competitividade no marco do Plan estratéxico
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras destes galardóns que outorga a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A Xunta reforza os vencellos coa mocidade galega do exterior a través dunha nova edición do programa ‘Conecta co voluntariado en Galicia’
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe no aeroporto de Santiago a un grupo de participantes na presente convocatoria, que desenvolverán accións culturais e ambientais na ría de Arousa e o castro de Viladonga
A Xunta destaca a implicación da ONG Rescate Internacional na segunda edición do programa de arraigo para a formación con 35 persoas beneficiarias
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego mantivo esta tarde en Becerreá un encontro no marco da iniciativa, no que agradeceu que a ONG se sumase a Cáritas Federadas en Galicia, Cáritas de Lugo e as Escolas Familiares Agrarias
A Xunta pon de relevo o emprendemento feminino no marco do labor do Polo de Vilanova de Arousa
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou esta mañá as instalacións do Polo de emprendemento e apoio ao emprego desta localidade arousá, onde mantivo un encontro con dúas emprendedoras asesoradas nesta oficina
A Xunta ten aberto o prazo dunha batería de axudas para potenciar as oportunidades laborais de máis de 17.000 persoas e facilitar a cobertura de vacantes
Dirixidas tanto a persoas desempregadas como ocupadas, son as AFD (50 M€), a de unidades formativas en empresas con compromiso de contratación (8 M€), a de formación a demanda do tecido produtivo (4 M€) e o Bono Talento Empresa (2 M€)
A Xunta promove en Sober a comercialización do produto artesán galego na quinta edición de ´Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra´
O director xeral de Comercio e Consumo, o director xeral de Patrimonio Cultural e a xerente da Fundación Artesanía de Galica visitaron o evento no que participan unha vintena de obradoiros artesanais
A Xunta lembra que as axudas ao Retorno Emprendedor permanecen abertas ata o 30 de setembro
As axudas, que poden chegar aos 10.000 euros, están dirixidas aos primeiros momentos de inicio da actividade