Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.656 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

21/07/2026 | 16:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima ao alumnado de Galemundo a “aproveitar ao máximo” a estadía este verán no estranxeiro para mellorar o seu nivel en idiomas

O conselleiro de Educación saúda no aeroporto Rosalía de Castro a un grupo dos 647 alumnos de Bacharelato que participan neste programa, a través do cal viaxan fóra de Galicia máis de 1.600 estudantes e docentes para ampliar a súa formación 

21/07/2026 | 14:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia participa por primeira vez no programa do CERN para divulgar a ciencia en festivais musicais de Europa

Román Rodríguez destaca o impacto destas iniciativas para achegar a I+G+i a todos os públicos e mellorar a cultura científica xeral, un dos retos da futura Lei de ciencia

21/07/2026 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación e a Fundación Andrea colaboran para reforzar a atención ao alumnado con enfermidades de longa duración

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP e a presidenta da entidade asinan un convenio para impulsar medidas de apoio aos estudantes que non poden manter unha asistencia regular á aula

20/07/2026 | 15:13 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As aulas galegas contarán con 900 profesores máis na etapa de secundaria o vindeiro curso grazas ás novas medidas do acordo de mellora educativa

Explica que a meirande parte deste reforzo de cadro de persoal, uns 747 docentes, derívanse da reconfiguración do horario docente para garantir unha mellor atención ao alumnado e ás familias

19/07/2026 | 19:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o liderado universitario de Galicia no eido matemático a nivel estatal

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura o XXVII Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas que se celebra esta semana en Santiago

18/07/2026 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Alumnado do CIFP Cantería de Galicia elabora e entrega un templete á Insua dos Poetas

A peza escultórica, elaborada en granito fino procedente de Lugo e Ourense, supera os 5.000 quilos e acada case os tres metros de altura

17/07/2026 | 16:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo comproba as obras de mellora da cuberta no IES de Oroso que contan cun investimento de case 50.000 €

A delegada da Xunta visitou o IES de Oroso, onde a Xunta executa actuacións para mellorar as instalacións e o confort da comunidade educativa dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

17/07/2026 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A nova spinoff TraffikGene, apoiada polo programa Ignicia da Xunta, lanza a súa tecnoloxía vinculada á innovación na saúde

A Xunta concedeu cerca de 500.000€ á idea innovadora inicial que derivou na creación desta compañía, nacida tras sete anos de investigación no CIQUS do equipo de Javier Montenegro, investigador Oportunius

17/07/2026 | 12:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación convoca os premios extraordinarios de FP de grao superior e de ensinanzas artísticas para recoñecer a excelencia académica

O Goberno galego concederá un total de 29 galardóns, dotados con 1.000 euros cada un para distinguir o rendemento do alumnado

17/07/2026 | 12:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Manuel Pardo salienta que a Xunta licitará por máis de 1 M€ a rehabilitación integral do Colexio Manuel Luís Acuña de Ourense

A intervención contempla a renovación total dos 1.205 m² de cuberta, así como o illamento de máis de 1.090 m² do forxado baixo cuberta