Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.001 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

27/05/2026 | 12:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos pon en valor o pulo socioeconómico que a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial supón para a zona

Salienta que grazas á implicación das Administracións, entidades e veciñanza tense acadado “un territorio máis vivo ca nunca co agromo de importantes proxectos”

27/05/2026 | 11:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses anima á mocidade a "aproveitar as oportunidades de contacto co mundo laboral" que ofrece o programa 'Fórmate na empresa'

A directora xeral de Xuventude participa no inicio das estadías formativas na Cámara de Comercio de Santiago no que participan 12 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos

26/05/2026 | 15:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca a oportunidade “de achegarnos á figura de Curros Enríquez desde outra perspectiva” na presentación dun libro de misivas

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora na publicación ‘Manuel Curros Enríquez. Cartas a José Ojea (1904-1908)’ que recolle un epistolario de 30 cartas

26/05/2026 | 15:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre o prazo para que as industrias culturais galegas soliciten axudas para levar os seus espectáculos ao exterior

A convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude está dotada con 500.000 euros para este ano

26/05/2026 | 14:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta consolida o seu apoio ao teatro afeccionado con 55.000 € para representar 84 funcións e celebrar o Festival Agustín Magán e un certame de microteatro

López Campos destaca o valor desta programación para a dinamización cultural por todo o territorio galego, na liña da Lei de cultura inclusiva e accesible

25/05/2026 | 18:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos salienta o papel de Galicia Escena Pro como grande escaparate para a proxección dos espectáculos galegos

O responsable de Cultura destaca a capacidade desta iniciativa para favorecer a contratación e internacionalización das montaxes de todos os xéneros producidas no país, así como o encontro entre compañías, programadores e axentes culturais

25/05/2026 | 12:29 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta inviste máis de 15.000 euros na conservación da igrexa de San Xulián de Mugardos

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, supervisou as obras de mantemento da fachada e da cuberta, que rematarán nos vindeiros días

24/05/2026 | 10:44 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Filmoteca de Galicia presenta a nova recuperación dixital de cinco curtas producidas por Víctor Ruppen nos anos 70

A sesión especial de ‘Materiais para unha historia do cine en Galicia’ terá lugar o martes 26 ás 20,30 h. con entrada de balde e presenza de persoas vencelladas aos equipos e á contorna do produtor coruñés