Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

01/09/2025 | 14:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a competitividade das empresas galegas cunha xornada sobre as oportunidades de cooperación estratéxica en Europa no sector da seguridade, a defensa e o aeroespazo

Celebrarase o venres, 5 de setembro, en Santiago de Compostela, en colaboración coa Empresa Común SESAR e no marco das actuacións da nova Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo

29/08/2025 | 14:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda anuncia que este mesmo luns xa poderán solicitarse as axudas da Xunta para a reconstrución das zonas afectadas polos incendios

Asegura que “todas as persoas con dereito ás axudas van recibilas”, sen límite de importe total

28/08/2025 | 12:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa unha nova convocatoria de axudas para mellorar o coñecemento e a competitividade dos profesionais galegos da industria forestal-madeira

O Goberno galego destina 500.000 euros a esta iniciativa que se vén convocando anualmente desde 2018 e da que no ano 2024 se beneficiaron máis de 1.500 profesionais do sector

25/08/2025 | 13:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 5 M€ a unha nova convocatoria de axudas para a creación de centros avanzados de uso compartido impulsados por grandes empresas galegas

O Diario Oficial de Galicia publica a nova convocatoria dun programa que destina 5 millóns de euros á creación de infraestruturas locais de uso aberto e compartido

22/08/2025 | 12:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza na tramitación do novo plan sectorial eólico coa proposta de adxudicación á UTE Arenal - Territoria - Atalaya Eólico Galicia

Galicia poderá contar cun novo plan no prazo de tres anos e tras máis de 20 de vixencia do actual para facer fronte aos retos xurídicos que ten o sector

21/08/2025 | 14:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza unha nova convocatoria para a mellora dos espazos termais de uso lúdico de Galicia

Dirixida ás entidades locais, cubrirá un máximo de 200.000 euros por solicitude para proxectos que melloren a accesibilidade, a seguridade, a sinaléctica ou os peches perimetrais destas instalacións, entre outras actuacións

19/08/2025 | 11:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a actividade de 19 clústeres galegos como impulsores da innovación, a competitividade e o desenvolvemento sostible

A resolución publicada no DOG canaliza preto de 2 M€ en axudas a agrupacións empresariais innovadoras que lideran proxectos en sectores estratéxicos e emerxentes como a automoción, a acuicultura, a saúde ou a economía circular

14/08/2025 | 12:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa un novo programa de axudas que suma 1,5 M€ para reforzar a ciberseguridade das empresas galegas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria dunha liña que permitirá cubrir ata o 75 % do custo de servizos especializados prestados por entidades homologadas

13/08/2025 | 12:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza o apoio á industria forestal galega cunha liña de axudas de 10M€ para mellorar a súa competitividade

 O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visita no Valadouro (Lugo) a empresa Loxística Marcos Rodríguez