Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

18/06/2025 | 15:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel fundamental do sector do granito para o desenvolvemento económico de Galicia

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participa na clausura da xornada Normativas, oportunidades e recursos para o sector da pedra natural

18/06/2025 | 15:36 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta o apoio da Xunta ao concello de Boqueixón con preto de 60.000 euros para a mellora do parque empresarial de Camporrapado

Este concello foi beneficiario da orde de axudas convocada polo Goberno galego para a mellora das infraestruturas dos polígonos industriais e que no 2025 ascendeu a tres millóns de euros

18/06/2025 | 12:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica a conexión entre industria e emprendemento como eixo clave para o futuro da economía galega

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa hoxe na inauguración do Mindtech Startup Event 2025, onde destaca o papel das startups na transformación tecnolóxica da industria

17/06/2025 | 16:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende en Estrasburgo a necesidade de que os Fondos Europeos para a industria sigan sendo xestionados polas rexións

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, interveu hoxe na Conferencia da Alianza de Rexións Europeas con Industria da Automoción (ARA)

17/06/2025 | 13:42 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que o vindeiro mes de xullo a Xunta iniciará a tramitación para ampliar o polígono industrial do Pousadoiro en Vilagarcía

Explica que se está a piques de rematar o estudo topográfico para delimitar a superficie real de urbanización na ampliación do parque e lembra que o informe de conexións exteriores xa está finalizado

16/06/2025 | 15:44 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a activación da liña de préstamos de ata 1 M€ por empresa para apoiar as compañías galegas afectadas polos aranceis dos Estados Unidos

Os créditos permitirán financiar circulante a longo prazo, cun período de carencia de ata catro anos, o dobre do habitual, para reforzar a posición das exportadoras galegas ante as novas barreiras comerciais

13/06/2025 | 14:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta ultima unha nova convocatoria de axudas para fomentar a ecoinnovación nas empresas transformadoras da madeira

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participou hoxe na clausura da Asemblea Xeral Ordinaria de LugoMadera

13/06/2025 | 14:09 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a boa acollida que está a ter a liña de préstamos para empresas, con preto de 900 solicitudes ata o momento

A convocatoria deste ano, que o Instituto Económico de Galicia (Igape) ten aberta ata o vindeiro 30 de setembro, pasa dos 17,5 millóns de euros do orzamento que tivo en 2024 ata os 19 millóns de euros

12/06/2025 | 20:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial da nova iniciativa estratéxica de aeroespazo, seguridade e defensa para xerar emprego e impulsar o liderado feminino no sector

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou nun evento organizado pola Asociación Ellas Vuelan Alto en Ourense