Actualidade
Buscador de novas
A Xunta forma a técnicos das administracións autonómica e local no emprego da madeira como elemento estrutural na construción pública
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, acompañou ao alumnado do curso Madeira estrutural. Bases e sistemas produtivos, organizado pola EGAP, nas visitas realizadas esta mañá á firma Xilonor e ás obras do novo centro de saúde de Abegondo
A Xunta vai declarar Carballeda de Valdeorras como o primeiro Concello Mineiro de Galicia
Así o solicitou o municipio por cumprir cos requisitos exixidos pola súa histórica vinculación co sector da lousa, que xera actualmente 2.000 empregos directos nas 25 explotacións que actualmente ten activas
A Xunta apunta aos recursos naturais como o principal activo de Galicia e avoga por un aproveitamento sostible das explotacións mineiras
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou na xornada Potencial mineiro. Presente e futuro do noso país organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia
A Oficina Económica de Galicia e Sabadell Gallego xuntan esforzos para poñer a disposición das empresas ata 300 M€ para o seu financiamento
O Igape e a entidade asinan un acordo que, entre outras cuestións, asegura a avaliación das operacións nun prazo máximo de sete días e que se dea prioridade aos sectores estratéxicos e ás zonas rurais
Rueda destaca o eloxio do gobernador do Banco de España á xestión das contas públicas da Xunta
Salienta o compromiso do Executivo autonómico en aprobar os orzamentos en tempo e forma para poder aplicalos desde comezos de ano
A Xunta traballa na posta en marcha de novas aceleradoras para impulsar o emprendemento no deporte, a saúde e as enerxías renovables
A directora do Igape participa no Galicia Sportech Congress de Pontevedra, onde lembra que a rede de aceleradoras do Goberno galego leva apoiados máis de 830 proxectos e contribuído á creación de máis de 1.400 empregos cualificados
Xunta, Autoridade Portuaria de Vigo e Zona Franca asinan a compravenda de nove parcelas na Plisan para poñer á disposición das empresas case 42.000 m²
Os terreos atópanse nas zonas LE-1 e LE-2 e neles promoveranse novos complexos nos que se poderán edificar naves modulares para ser comercializadas
A Xunta destaca a aposta de Queserías del Eume pola sustentabilidade e a eficiencia enerxética dentro dos seus procesos produtivos
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a empresa Queserías del Eume SL, beneficiaria dunha axuda autonómica de 22.000 euros para proxectos de autoconsumo e almacenamento enerxético