Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

27/02/2025 | 18:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda defende a importancia do apoio ao sector empresarial como impulso dunha Galicia competitiva e innovadora

Salienta as medidas da Xunta para apoiar a inversión, a actividade de autónomos e pemes e a transferencia de coñecemento

26/02/2025 | 19:12 | C. de Economía e Industria

Lorenzana resalta as oportunidades loxísticas de Galicia e confía en que o anteproxecto do plan director para o sector estea listo de cara ao verán

Apunta que se trata dun dos nove plans previstos xunto co da automoción e o naval, que son os que están xa máis avanzados á espera da súa aprobación definitiva por parte do Consello da Xunta

26/02/2025 | 15:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta reafirma o seu compromiso coa innovación e a transformación dixital das empresas galegas para garantir a súa competitividade

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na clausura do IV Encontro Nacional de EDIHs - European Digital Innovation Hubs Network onde pon en valor a importancia da colaboración entre entidades, hubs de innovación e administracións públicas para impulsar o crecemento do tecido empresarial

25/02/2025 | 15:28 | C. de Economía e Industria; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana avoga por conciliar descarbonización, industrialización e consenso social para avanzar na sustentabilidade empresarial

Traslada a preocupación de Galicia por “lograr a sustentabilidade social e aproveitar os nosos recursos naturais como elemento tractor da nosa economía”

25/02/2025 | 13:46 | C. de Economía e Industria

Lorenzana adianta que as empresas forestais poderán solicitar desde o xoves as axudas para equipamento e nova maquinaria

Indica que este programa da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) conta cun orzamento de 10 M€ e ofrece axudas que oscilan entre os 50.000 e os 200.000 euros

24/02/2025 | 15:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta aborda coa asociación de empresarios Seara de As Pontes o seguimento dos proxectos industriais previstos para a comarca

Nese repaso pola situación actual das iniciativas empresarias proxectadas para a zona, o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, lamentou a exclusión da primeira resolución provisional para vales de hidróxeno do proxecto denominado Val do Eume

24/02/2025 | 14:40 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca que a Xunta redobra o apoio á industria forestal galega cunha nova orde de axudas por importe de 10 M€ para mellorar a súa competitividade

Salienta que a convocatoria deste ano, en réxime de concorrencia competitiva, incorpora unha nova liña destinada a mellorar as condicións para a rastrexabilidade da madeira, clave “para as exportacións”