Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana avanza que a partir do vindeiro mércores poderán solicitarse as axudas da Xunta para a compra de vehículos eficientes
Esta nova convocatoria conta cun orzamento de 3,1 M€ e subvenciona a compra de turismos e furgonetas cun custo inferior ou igual a 42.000 €, que se amplía a 47.000 € para vehículos eléctricos cunha autonomía maior a 30 km en modo eléctrico e, como novidade, en 6.000 euros máis, cando se trate dun vehículo adaptado para a condución de persoas con discapacidade ou se dispón de oito ou nove prazas
A Xunta analiza coa `Comunidade de Montes de Vincios´ e con empresarios posibles solucións para acelerar o desenvolvemento do polígono da Pasaxe
A conselleira traslada o compromiso da Xunta de axudar e participar en parte do financiamento necesario para acometer a obra de urbanización do polígono da Fase 1
Un total de 125 empresas da provincia de Lugo beneficiáronse o pasado ano das axudas do Bono Enerxía Peme
O delegado territorial, Javier Arias, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, explican que estas subvencións van dirixidas a pemes e autónomos do sector servizos para financiar proxectos de mellora enerxética
A Xunta abre mañá o prazo de solicitude das axudas do Bono Enerxía Peme, que apoia melloras de eficiencia enerxética en negocios e empresas do sector servizos
Trátase da quinta convocatoria deste programa de axudas que este ano conta cun orzamento de 2,5 M€ coa previsión de chegar a máis de 600 autónomos e pemes galegos e xerar aforros enerxéticos de ata 2.800 MWh/ano e económicos de 0,5 M€/ano na factura eléctrica
Lorenzana anima ás empresas galegas a diversificar mercados e explorar as oportunidades de negocio que ofrece o sector da seguridade e a defensa
A conselleira destaca que Marine Instruments aplica xa a tecnoloxía ao medio mariño a través de distintos produtos e servizos
A Xunta destaca a “convocatoria histórica” de 172,6 M€ para promover a competitividade, a innovación e o financiamento para pemes e autónomos
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa no II Foro Innovación Empresarial, levado a cabo no marco do programa Conecta Lugo, onde subliña que no que levamos de semana activáronse “15 liñas de apoio” para facilitar a planificación e as novas iniciativas de pemes e autónomos
Xunta e Concello de Ames avanzan no futuro desenvolvemento de novo solo industrial
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, mantivo un encontro co alcalde do municipio, Blas García, no que aproveitou para explicarlle as novas medidas de aceleración de solo industrial impulsadas polo Goberno galego
Lorenzana celebra encontros co sector da automoción para dar a coñecer a nova liña de apoios convocada pola Xunta por importe de 14 M€
A conselleira de Economía e Industria mantivo unha reunión de traballo con responsables de Gestamp, firma especializada en deseño, desenvolvemento e fabricación de compoñentes metálicos para o automóbil, cos que analizou a situación desta industria e coñeceu o plan de futuro da planta viguesa
A Xunta e a CEL organizan en Chantada un foro para fomentar a innovación empresarial na zona sur da provincia
O delegado territorial, Javier Arias, e o secretario xeral da CEL, Jaime López, presentaron a xornada, enmarcada no programa Conecta Lugo, que ten por obxecto facilitar apoio e asesoramento ao tecido empresarial lucense
Lorenzana anuncia que, por primeira vez, as axudas do Igape para pemes e autónomos estarán dispoñibles xa desde xaneiro, con case 173 M€
Son un total de 15 liñas que sairán publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) dos vindeiros días 13 e 14 de xaneiro