Aneiros pon en valor o papel dinamizador do Grao de Xestión Industrial da Moda durante a clausura da xornada ‘The Future of fashion talent 2025’
Ferrol, 7 de maio de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, clausurou esta mañá a xornada The future of fashion talent 2025, unha iniciativa do Campus Industrial de Ferrol, organizada por Modaes, en colaboración de Cointega.
Aneiros destacou na súa intervención a consolidación deste foro en torno ao talento e a moda que chega a súa terceira edición e no que, a través da participación de voces acreditadas, avaliouse a realidade do sector, os seus retos e tamén as oportunidades que brinda en torno aos recursos humanos.
Destacou a oferta formativa do Grao en Xestión Industrial da Moda, unha titulación propia implantada en 2018 no campus ferrolán, como un elemento dinamizador da cidade a través do que Ferrolterra está a gañar maior proxección no sector da industria téxtil. Neste sentido, tamén sinalou a presenza de grandes empresas do sector na zona así como a proliferación de novos proxectos da man de xoves profesionais.